Monday 29 de April de 2024

108 Baixada de Barcos de Papel Festa do Bosque 2022


A comisión organizadora da Festa do Bosque 2022 acordou convocar o «108 Concurso mundial de baixada de barcos de papel por auga doce», acontecemento que se rexerá polas seguintes

BASES
O «108 Concurso mundial de baixada de barcos de papel por auga doce» é un convite aberto a todas aquelas persoas que queiran participar, sen que se vaia establecer ningún tipo de discriminación ou limitación por parte da organización.

Todas as persoas que se inscriban deben participar cun BARCO DE PAPEL feito de maneira artesanal.

Os materiais que se admiten pola organización para construír o barco son: papel (en todas as súas variantes, cores, tramas, formatos, tamaños…), cartón e cartolina.

Non se admitirá ningún modelo de barco que estea construído con outros materiais tales como plástico, madeira, poriespán ou cartón-pedra.

Está totalmente prohibida a motorización dos barcos de papel. Non se admitirá ningún tipo de propulsión para os barcos participantes. Non se poderán propulsar nin con medios mecánicos, nin eléctricos, nin electromagnéticos e tampouco as persoas poderán actuar directamente sobre eles para provocar propulsión.

O único elemento físico que poderán levar os/as participantes é unha vara longa de madeira ou plástico que se utilizará ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE para desencaixar o barco no caso de que embarranque na beira do río ou contra as pólas ou toros que atravesen o río. A organización solicita dos/as participantes que sexan orixinais e destaquen no deseño e no acabado dos barcos